Se muestran los artículos pertenecientes a Mayo de 2008.

BLOG DE ROBERTO ESTÉVEZ PRADO

Nome e apelidos do autor/a

ROBERTO ESTÉVEZ PRADO

Curso/Nivel

Administración e Finanzas

Nome do blog

Blog de alumno

URL do blog

http://roberest.blogia.com/

Comentario breve sobre o blog que se presenta

BLOG CREADO NA ACTIVIDADE "ORIENTARSE CON INTERNET" QUE ORGANIZA O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

06/05/2008 17:42 Autor: Daniel Veiga Martínez. Enlace permanente. Tema: BLOGS PRESENTADOS No hay comentarios. Comentar.

BARBÓN BLOG 2007/2008

Estimados/as compañeiros/as: Teño a ben informar -dunha parte- do traballo de formación do profesorado e do alumnado que se realiza no noso centro e de manifestar os meus parabéns aos coordinadores dos grupos de traballo cos que veño colaborando: Rosa Alonso e Manuel López e a todos os profesores/as que participaron.

Por unha banda, o proxecto Orientarse con internet vinculado á formación no ámbito de internet do alumnado -en particular nas aplicacións da web 2.0- e sobre temas de información académica e profesional.

Pola outra banda, o esforzo de formación permanente -en centro- do profesorado. Unha boa parte das actividades realizadas no curso 2007/2008 podemos consultalas no blog de Grupo de traballo BARBÓN BLOG.

Por último, comunicar que estamos -habitualmente- potenciando a creación de blogs entre o alumnado . Por iso, creamos os PREMIOBLOGS que se van entregar a finais de maio de 2008. Para saber máis sobre os Premios para Blogs dos alumnos/as hai que visitar o blog dos PREMIOS.

12/05/2008 23:03 Autor: Daniel Veiga Martínez. Enlace permanente. Tema: I.E.S. GARCÍA BARBÓN No hay comentarios. Comentar.

BLOG DO GRUPO DE ENFERMERÍA (1)

Nome e apelidos do autor/a

GRUPO DE ENFERMERÍA

Curso/Nivel

CICLO MEDIO DE ENFERMERÍA

Nome do blog

BLOG DE ENFERMERÍA

URL do blog

http://enfaux.blogia.com/

Comentario breve sobre o blog que se presenta

BLOG DO GRUPO DE ENFERMERÍA

 

13/05/2008 19:29 Autor: Daniel Veiga Martínez. Enlace permanente. Tema: BLOGS PRESENTADOS No hay comentarios. Comentar.

BLOG DO GRUPO DE ENFERMERÍA (2)

Nome e apelidos do autor/a

GRUPO DE ENFERMERÍA

Curso/Nivel

CICLO MEDIO DE ENFERMERÍA

Nome do blog

BLOG DE ENFERMERÍA

URL do blog

http://cae2008.blogia.com

Comentario breve sobre o blog que se presenta

BLOG DO GRUPO DE ENFERMERÍA

 

13/05/2008 19:30 Autor: Daniel Veiga Martínez. Enlace permanente. Tema: BLOGS PRESENTADOS No hay comentarios. Comentar.

GRAZAS POR PARTICIPAR

21/05/2008 12:05 Autor: Daniel Veiga Martínez. Enlace permanente. Tema: BLOGS ESCOLARES No hay comentarios. Comentar.

BLOGS PREMIADOS CUNHA MEMORIA USB DE 2 GB

20080522205236-pendrive.jpg

 

OS BLOGS PREMIADOS

 

ENTREGA DE PREMIOS

DÍA: 30 DE MAIO DE 2008

LUGAR: SALÓN DE ACTOS DO CENTRO

HORA:12

 

22/05/2008 16:34 Autor: Daniel Veiga Martínez. Enlace permanente. Tema: BLOGS ESCOLARES No hay comentarios. Comentar.

PREMIO DE BLOGS ESCOLARES "BARBÓN BLOG"

ORIENTARSE CON INTERNET 2007/2008

PREMIO DE BLOGS ESCOLARES "BARBÓN BLOG"

30 DE MAIO DE 2008

Orientarse con internet: competencia dixital e orientación académica, profesional e laboral

        A proposta formativa xeral  de "Orientarse con internet" xa forma parte das actividades habituais do Departamento de Orientación -a partir do ano 2001-. Tal actividade educativa procura potencia-lo uso informado de internet e axudar no proceso de información académica e profesional dos mozos e mozas.

        No mes de febreiro de 2005 -xa pasaron algo máis de tres anos- naceu o Blog do Departamento de Orientación, unha primeira experiencia de perseverante traballo que acadou o 2º premio de Edublogs na categoría de Blogs de Centro -o premio entregáronmo en Barcelona-. Agora mesmo o número de visitas do blog é de MÁIS DE CEN MIL.

        O proxecto "Barbón Blog" -que xurde no ano 2005/2006- é o nome baixo o que se agrupan distintos proxectos de potenciación do uso intelixente de internet -COMUNICACIÓN, INFORMACIÓN E FORMACIÓN-, tanto no que se refire á formación do profesorado, como no que afecta á preparación do  alumnado.

        No que se refire á formación do profesorado, sinalar que realizamos distintas experiencias formativas (un seminario permanente no 2005/2006),  (dous grupos de traballo  durante 2006/2007) e (dous grupos de traballo no 2007/2008). Actualmente, dispomos dun blog para a formación do profesorado nas aplicacións da web 2.0 (douspuntocero.blogspot.com) realizado por Manuel López e máis eu.

        De todas as experiencias das que falei temos dado conta en distintos Congresos e publicacións virtuais. En concreto, sobre o noso traballo con blogs -e de formación do profesorado- (eu mesmo) e sobre a experiencia como coordinador de TICs (Manuel López) falamos en CIVE 2008 e sobre a competencia dixital para o alumnado de formación profesional en Educaweb (eu mesmo).

 

BLOGS DOS GRUPOS DE TRABALLO

-         http://seminario321.bitacoras.com (6 blogs)

-         http://grupo20062007.blogia.com (10 blogs)

-         http://barbonblog.blogia.com (10 blogs)

OUTROS BLOGS CREADOS PARA ACTIVIDADES DO CENTRO

- http://portasabertas2007.blogia.com

- http://tics-barbon.blogia.com

        A iniciativa de crear un Premio de Blogs para o alumnado pensouse no verán de 2007 e púxose en marcha en Xaneiro de 2008. Os obxectivos xerais de tal actividade son: a potenciación da competencia lingüística en galego -e do uso do noso idioma en internet-, a promoción da competencia dixital do alumnado, a información académica e profesional  e a aprendizaxe permanente.

UN BLOG PARA OS PREMIOS DE BLOGS ESCOLARES

 

- http://premioblogs.blogia.com

 

        Cada día que realizamos actividades para "Orientarse con internet" traballamos -unha hora semanal-  con aplicacións da chamada "WEB 2.0". As anteditas ferramentas están en internet e o protagonista é o usuario/a. Ti es a/o  protagonista.

                Sabemos moito de internet..............?

       Cando fixemos a avaliación inicial sobre os coñecementos e uso de internet, unha boa parte do alumnado manifestou as súa necesidade de formación -o grao de coñecemento e uso das distintas ferramentas da web 2.0 era moi escaso e mesmo non todos/as posuían unha conta correo electrónico- e a carencia maioritaria de conexión a internet na casa.

                Aprendemos..............?

       Somos realistas e consideramos, de entrada, que nunha hora semanal, non se poden realizar moitas e moi complicadas aprendizaxes. Para aprender con eficacia é necesario TEMPO abondo. En todo caso, sempre queda a posibilidade de preguntar aos alumnos e alumnas a súa opinión.

Aprendemos

        Aprendemos cando creamos unha ligazón no noso blog........

        Aprendemos cando vemos un trailer de Pradolongo........

        Aprendemos cando escoitamos música no Youtube.......

        Aprendemos cando consultamos unha presentación......

        Aprendemos cando visitamos o noso Bloglines........

        Aprendemos cando cubrimos un  test..................

        Aprendemos cando usamos o correo electrónico......

        Aprendemos cando visitamos páxinas de  emprego.....

        Aprendemos cando insertamos vídeo no blog.......

Aprendemos mentras chateamos no GMAIL..............

        Aprendemos cando publicamos no noso blog......

        Aprendemos cando nos equivocamos.............

        Aprendemos cando preguntamos...................

        Aprendemos cando colaboramos...................

 

                               SEMPRE QUE FACEMOS...... APRENDEMOS

 

Aprendemos MÁIS

 

        Aprendemos, tamén, a ser pacientes -cando a conexión vai lenta, cando hai problemas técnicos, etc-, aprendemos a ser perseverantes -para aprender en profundidade hai que repasar-, aprendemos a buscar solucións de maneiras diferentes. Cando temos un problema................aparece unha oportunidade para aprender máis. Equivocarse é unha parte da aprendizaxe -sen dúbida-.

        Quero manifestar o meu agradecemento, como organizador, en primeiro lugar, a todos os alumnos e alumnas que participaron no I Premio de Blogs "Barbón Blog": Ciclo Medio de Enfermería, Ciclo Medio de Mantemento Industrial, Ciclo Medio de Xestión Administrativa e PGS de Metal.

 En segundo lugar, aos profesores/as que colaboraron: Manuel, Alfredo, Luis e Fátima.

         En terceiro lugar -para rematar- ao equipo directivo polo seu recoñecemento e apoio a nosa actividade educativa.

 

MOITAS GRAZAS



Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.