Se muestran los artículos pertenecientes al tema 3ª EDICIÓN DO PREMIO DE BLOGS ESCOLARES.
III EDICIÓN DO PREMIO DE BLOGS BARBÓN BLOG
III EDICIÓN DO PREMIO DE BLOGS DO ALUMNADO BARBÓN BLOG
O ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS SERÁ O DÍA 3 DE XUÑO ÁS 13.30 HORAS NO SALÓN DE ACTOS
3ª EDICIÓN DO PREMIO DE BLOGS ESCOLARES

1.- Bases de participación no Premio de Blog Escolares.
- Poden participar todos os alumnos/as da asignatura de TIC do IES García Barbón.
- O blog debe ter, entre outras aportacións, contidos didácticos relacionados cos estudos que realizas.
- Só se consideran os blogs redactados en lingua galega -normativa oficial-.
- Un dos temas do blog ten que facer referencia ao teu futuro académico e profesional.
- Os blogs poden ser individuais ou de dúas persoas.
2.- Criterios para a valoración dos blogs escolares.
- Contidos e estructura xeral do blogs.
- Frecuencia das anotación e comentarios.
- Ligazóns recomendadas.
- Deseño e orixinalidade.
3.- Procedemento de participación.
Entre o día 26 de xaneiro e o 14 de maio de 2010 os alumnos/as poden presentar o seu blog ao Premio de Blogs Escolares.
Para presentar un blog ao Premio hai que mandar un correo electrónico a: premioblogs@gmail.com
no que se detallen as informacións que se anotan:
Nome e apelidos do autor/a | Curso/Nivel |
Nome do blog | URL do blog |
Comentario breve sobre o blog que se presenta | |
4.- Publicación de propostas de blogs e premios.
Unha vez recibida a proposta de participación no correo electrónico, faremos pública a candidatura no blog:
O día 22 de maio de 2010 publicaremos no Blog os nomes
das persoas e os blogs premiados.
A entrega de premios terá lugar no Salón de Actos do
IES García Barbón a finais do mes de maio de 2010
Cada participante recibirá un agasallo.
PREMIOS |
PRIMEIRO PREMIO UNHA CÁMARA DE FOTOS DIXITAL |
SEGUNDO PREMIO UN MP4 |
TERCEIRO PREMIO UN PEN DRIVE DE 4GB |
UN PREMIO PARA O TEU BLOG



